A parella de Ayuso creou unha sociedade en Florida en plena investigación fiscal

Alberto González Amador, parella de Isabel Díaz Ayuso desde 2021, constituíu unha sociedade en Florida (Estados Unidos) en outubro de 2022, tras adquirir un dos dous pisos de luxo nos que reside xunto á presidenta madrileña e cando a Axencia Tributaria xa lle investigaba por defraudar 350.951 euros con facturas falsas. Segundo o rexistro mercantil do Estado de Florida, a empresa Burnet & Brown Investments Llc foi creada o 25 de outubro de 2022 e está radicada en Boca Rato (Palm Beach), unha cidade da costa suroriental de Florida, moi preto de Miami, coñecida polos seus campos de golf, parques e praias. O Rexistro de Florida non reflicte a que se adica a sociedade, segundo eldiario.es

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha