A París de Noia desmente que teña débedas de índole tributario


O administrador de Lomunoia S.L., sociedade que a xestiona, afirma estar ao corrente das súas obrigacións fiscais e limpa “de calquera sospeita, infracción ou sanción”. A polémica xurdiu en varios medios esta semana ao informar de que facenda embargara a marca “Orquesta París de Noia” o pasado martes 6 de outubro, tal e como afirman, segundo un acordo publicado no Boletín Oficial da Propiedade Industrial. Pola súa banda o representante de Lumonoia S.L., José Antonio Blas Piñón, afirma que todo está en orde e que a citada sociedade atópase “ao corrente das súas obrigacións tributarias de conformidade co disposto no artigo 74.1 do Regulamento Xeral”. Por iso, envía unha mensaxe de tranquilidade a todos os seus clientes, amigos, seguidores e fans para que sigan confiando neles e apoiando á verbena galega.