A parroquia carballesa de Bértoa dá a coñecer o cartel das súas festas de agosto agradecendo a colaboración veciñal

A Comisión de Festas de Bértoa (Carballo) emitía un comunicado informativo anunciando que as súas festas patronais de Santa María serán os días 14, 15 e 16 de agosto, ao mesmo tempo que adiantaban que o 18, 19 e 20 de setembro a parroquia celebrará os actos na honra de Santa Eufemia.

«Como cada ano, o noso obxectivo é que o pobo goce, que haxa bo ambiente e actividades para todas as idades, mantendo as tradicións e creando momentos para compartir», comunicaban desde a comisión.

Para poder facelo realidade, está claro que como calquer outro evento, necesitan a axuda de empresas e comercios próximos que forman parte do día a día do pobo. Para elo van a poñer en marcha a edición dunha publicación informativa patrocinada (unha revista) para a que agradecen anticipadamente a colaboración de empresas, autónomos e persoas particulares que desexen participar. A cambio, daranlle visibilidade nun programa de festas muy completo, como agradecemento polo seu apoio.

«Calquera axuda, por pequena que pareza, suma moitísimo e permítenos seguir sacando adiante unhas festas para todos», conclúen desde a comisión.

As actuacións deste ano son de gran nivel:

VENRES 14 DE AGOSTO
GRAN VERBENA: GRUPO BOMBA e Discomóvil IMPACTO
SÁBADO 15 DE AGOSTO
MACROSESIÓN VERMÚ: DUO AIXA ROMAY e Discomóvil IMPACTO
GRAN VERBENA: orquesta PANORAMA CITY e Discomóvil IMPACTO
DOMINGO 16 DE AGOSTO
SESIÓN VERMÚ E VERBENA: Orquesta RITMO e Discomóvil IMPACTO

Aproveitando a programación das festas, a comisión tamén adianta que o 20 de setembro organizará a I Xamonada de Bértoa. Para poder asistir será necesario inscribirse con antelación, xa que as prazas son limitadas. o prezo será de 15,00 € por persoa.

Mail: asociacionesmorga@yahoo.com

Related posts

O Concello de Cabana convida a veciñanza á inauguración da Casa Museo Saturnino Cuíñas Lois

Zas clausura os campamentos de Semana Santa nos que participaron máis de 60 nenos e nenas

A Xunta investiu nos últimos anos case 900.000 € en diversas melloras no Instituto Fernando Blanco, en Cee