A parroquia carballesa de Cances celebrará este sábado 24 o seu festival de Entroido

1 minutes read

Este ano a a asociación cultural San Campio de Cances, en Carballo, tivo que retrasar a data de celebración do Entroido, debido a que o local social estivo ocupado con material para a celebración das eleccións Autonómicas. Pero Cances sen celebración non podía quedar e a cita está servida para este sábado día 24.

Constará dun festival musical infantil (con actuacións en directo con cancións interpretadas por nenos/as e con bailes, farán tamén un remember con rapaces e rapazas que participaron no festival cando aínda eran nenos/as e agora que xa son adultos volven a participar facendo os mesmos temas que cantaron fai 15 ou 20 anos, proxectaranse trociños de vídeo lembrando aquelas primeiras actuacións.

Ao remate farase un festival adulto cun contido similar ( lembrando actuacións de fai moitos anos e obviamente basado no tema de este ano do Entroido de Cances, o Circo).

Haberá degustación de produtos típicos de Entroido feitos na casa, que os veciños/as e xente que acude os achega, e que nesta ocasión se acompañarán cun chocolate Mariño. De seguido, para rematar a foliada, será o turno do baile de disfraces co grupo Mar de Caión.