A parroquia larachesa de Soandres acolleu unha xuntanza veciñal contra a implantación dunha planta de biogás

Os asistentes amosaron as súas inquedanzas e preocupacións polo proxecto, que foron escoitadas pola portavoz municipal do BNG, Carolina Castiñeiras, que estivo acompañada polos seus compañeiros de organización e deputados no Parlamento galego, Oscar Insua e Xosé Manuel Golpe., ademais doutros integrantes do BNG larachés.

Na reunión, á que tamén acudiron membros da asociación ecoloxista ADEGA, informouse sobre os trámites que están en proceso para a instalación da planta e os efectos medioambientais negativos para a contorna da zona. A fábrica de biogás sería implantada á carón do río Anllóns e preto do lugar onde existen vivendas de veciños e veciñas de Soandres.

Carolina Castiñeiras, manifestou que “desde o BNG da Laracha alegrámonos de que toda a Corporación estea de acordo en dicir NON á planta, mais agora agardamos que todos os partidos políticos  manteñan a coherencia na súa postura e voten no Parlamento galego o mesmo: a favor dunha regulación que protexa á veciñanza deste tipo de instalacións contaminantes e en contra do espolio da nosa terra por parte de empresas foráneas”.

Related posts

A delegada da Xunta na Coruña visitou as obras de mellora da Casa de Cultura da Laracha

Zas acollerá este sábado a presentación do libro ‘Que quede entre nós’ no marco do ciclo ‘Mulleres e territorio’

Afaber continúa co proxecto “Escola de Coidadoras/es”