Queridos fregueses:
Con este fermoso cartel presentamos o Programa da Semana Santa carballesa. Aínda segue resoando nos nosos corazóns a invitación que a Virxe María, na visita da súa imaxe de Nª Sª de Fátima, fíxonos de renovar a nosa vida cristiá, rezando en familia e recibindo os Sacramentos. Agora a Virxe ao pé da Cruz , a Nai das Dores convídanos de novo a vivir con toda a fe e amor os días da Semana Santa. A Semana Santa é un tempo propicio para dirixir a nosa mirada a Xesucristo e experimentar as súas mesmos sentimentos. Convídasenos a volver ao Señor de “todo corazón” para poñerlle no centro de todo, escoitar a súa palabra, non contentarnos cunha vida mediocre e crecer en amizade con él.
Celebremos, pois, a Semana Santa proveitosamente, non só desde fóra, como quen ve un espectáculo, senón desde dentro, compenetrándonos cos sentimentos de Cristo e actualizando a Paixón, porque Cristo segue sendo refugado, desposuído e triturado. Queridas familias, falade de todo isto na casa, cos vosos fillos . Vide celebrar a fe! Que sexan algo máis que uns días de vacacións. Se ides saír de viaxe, que regresedes con ben, e onde queira que esteades tratade de vivir estes días como crentes. ¿Como esquecerse da Paixón, dores, sufrimentos, humillacións, penurias e vexacións que o noso Señor Xesucristo pasou por nós? Eu anímovos a vivir a Semana Santa desta maneira e non contaxiados do ambiente increinte ou mundanizado ao que a sociedade actual nos arrastra. É necesario para vivila con verdadeiro espírito cristián achegarse ao sacramento da confesión, participar nas celebracións de Xoves, Venres e Sábado Santo e do Domingo de Resurrección. De achegarse á Comunión, nas debidas disposicións, como é tradición a Igrexa durante séculos e foino no noso pobo ata non hai moito tempo, e aínda o seguen vivindo así numerosos cristiáns. A miña gratitude a todos os que nas diversas Parroquias colaboran durante todo o ano e especialmente estes días para que o Misterio de Cristo sexa vivido con toda intensidade . A miña bendición e o meu abrazo en Cristo Resucitado. Feliz Pascua!
Xosé García Gondar