A partir deste sábado poderá haber de novo fogos de artificio


A partir deste sábado os fogos artificiais volverán a estar permitidos en toda a comunidade a escasas semanas do espectáculo previsto na capital galega con motivo da celebración do 25 de xullo, que este 2021 é Ano Xacobeo e que precisamente este xoves anunciou o Concello de Santiago que será descentralizado en varios puntos da cidade. Tamén se volven a permitir os espectáculos taurinos, circenses, feiras e exhibicións. Mantéñense os mesmos requisitos de uso da máscara que había ata agora e segue sendo necesaria a limpeza intensiva das instalacións, así como manter as normas xerais de seguridade.