A partir do 1 de agosto poderán solicitarse as axudas para adquirir bicicletas eléctricas

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou a Orde pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión do que son os primeiros incentivos para a adquisición de bicicletas eléctricas con pedaleo asistido, dotadas cun orzamento de 500.000 €.

As persoas interesadas nas axudas para a adquisición de novas bicicletas eléctricas poderán presentar a súa solicitude a partir do 1 de agosto, prazo que permanecerá aberto ata o 30 de novembro, ou ata esgotar os fondos.

O obxectivo é minimizar o emprego do coche particular e impulsar os modos de transporte non motorizados no ámbito urbano e interurbano de proximidade. Este tipo de movementos concentran gran parte dos desprazamentos cotiás da poboación que, na maioría dos casos, supoñen percorridos de entre os 2 e os 12 quilómetros, sendo estas marxes asumibles para o seu percorrido en bicicleta.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha