Varios concellos da Costa da Morte emitiron senllos comunicados nas súas páxinas web, entre eles Carballo e Camariñas, informando que a partir do 15 de xuño poden tramitarse as solicitudes do Ingreso Mínimo Vital na páxina web da Seguridade Social, www.seg-social.es. As peticións que se presenten antes do 15 de setembro terán efecto retroactivo dende o 1 de xuño.
Documentación
DNI ou NIE
Acreditación da residencia legal en España
Certificado de empadroamento colectivo e histórico no que consten todas as persoas e datas de empadroamento no domicilio e data de antigüidade.
Libro de familia que acredite a filiación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
Declaración responsable de ingresos e patrimonio
Outra documentación que poida ser necesaria en determinados casos (sentenza de garda e custodia, convenio regulador , copia da demanda de separación ou divorcio…)
Formas de presentación da solicitude
Solicitude telemática na sede electrónica da Seguridade Social: formulario con identificación electrónica ou formulario sen identificación electrónica
Presencialmente, con cita previa, no Centro de Atención e Información da Seguridade Social. O teléfono da oficina de Carballo é o 981 700 158.