A partir do día 15 os concellos poderán solicitar axudas para á separación da materia orgánica


A Xunta convocará a vindeira semana dúas liñas de axudas por un importe de 13,5 millóns de euros dirixidas aos concellos galegos e dedicadas exclusivamente á separación da materia orgánica.

Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, durante a clausura da xornada de presentación da Estratexia galega de biorresiduos e residuos municipais 2022-2023; na que tamén interviñeron a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez. No encontro estiveron presentes ao redor de 150 persoas, entre representantes municipais e empresas do sector.

Así, desde o 15 de decembro e ata o 31 de xaneiro de 2022, os concellos poderán solicitar -de xeito individual ou colectivo- axuda para a adquisición de contedores, caldeiros domésticos para biorresiduos, composteiros domésticos ou comunitarios, biotrituradoras, aireadores, termómetros e tamizadoras ou camións de recollida, así como para a posta en marcha de campañas informativas para “saber que botar ao contedor marrón”.

Intervención da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.