A partir do luns limítase o tráfico ao CEIP Bergantiños para maior seguridade dos alumnos

  • A rúa Ramón Cabanillas permanecerá pechada ao tráfico durante as horas de entrada e saída ao colexio

A partir do luns 28, a rúa Ramón Cabanillas permanecerá pechada ao tráfico durante as horas de entrada e saída ao CEIP Bergantiños. A Concellaría de Mobilidade atende deste xeito a solicitude presentada dende o centro educativo, e que ten como finalidade reducir o tráfico rodado para mellorar a seguridade para alumnado e familias.

Unicamente poderán utilizar a rúa Ramón Cabanillas os residentes e/ou usuarios de garaxes na mesma; o resto dos vehículos poderán acceder á rúa Carballo Calero a través de Carré Aldao ou Álvaro Cunqueiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha