A partir do sábado permítense as xuntanzas de non conviventes nos domicilios


O conselleiro de Sanidade anunciou que a partir da noite do venres 9 de abril volverán permitirse as xuntanzas de non conviventes nos domicilios. Segundo explicou Julio García Comesaña na conferencia de prensa posterior á xuntanza do comité clínico, poderán reunirse catro persoas de distintas procedencias no interior e seis persoas no exterior.

Ademais, confirmou os concellos que van cambiar de nivel nas vindeiras horas. A Pobra do Caramiñal e O Grove entran en restricións máximas (nivel 1). Entón, prohibirase a entrada ou saída do municipio e a hostalería só poderá servir a domicilio.