Actualmente, no selo de Indicación Xeográfica Protexida están inscritos 74 produtores que, no ano 2018, comercializaron case seis mil toneladas de pataca.
O Diario Oficial da UE publicou a solicitude para modificar o selo de Indicación Xeográfica Protexida, polo que a pataca galega terá o seu propio selo de calidade na Unión Europea, unha decisión moi ben acollida en todas as comarcas produtoras.
Ata o de agora o recoñecemento «Pataca de Galicia» estaba limitado a zona de Bergantiños, Terra Chá, A Mariña-Lemos e A Limia. O resto das comarcas demandaban desde hai tempo que esa denominación se ampliase a todas as zonas produtoras da Comunidade. A consellería de Medio Rural anunciou que a UE acaba de iniciar os trámites, que aínda se alongarán no tempo porque o resto dos estados membros dispoñen de tres meses para presentar alegacións.