- Tamén se verá afectado o prezo da peaxe nocturna entre Puxeiros-Val Miñor
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, indicou este xoves que se rebaixaría nun 50% o importe que pagan os vehículos que usan a telepeaxe polas estradas que unen A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor. En concreto, esta baixada de prezo producirase entre as 12 da noite e as 6 da mañá, e entrará en vigor o próximo 1 de outubro.
Feijóo manifestou que «Isto supón unha mellora na seguridade viaria, un mellor aproveitamento das estradas e un compromiso para seguir abaratando as peaxes máis baratas de España, que son as de titularidade da Xunta», e ademáis desde o Executivo galego tamén se recalcou que calculan que esta nova actuación beneficiará a uns 200.000 usuarios.
Por outra banda, o presidente da Xunta tamén sinalou que este modelo galego é «extrapolable ao que debe aplicarse á Autoestrada do Atlántico», e insta ao Goberno a seguir as recomendacións da Xunta neste sentido.