O Museo de Arte Contemporánea Costa da Morte en Corme (MACCMO) xa conta cunha bandeirola que vistirá a súa fachada dende este sábado. Unha bandeirola na que participaron as e os veciños do Concello de Ponteceso que quixeron e no que formaron parte do proceso de creación.
A través dunhas 55 pequenas lonas a pegada artística dos pontecesáns quedará reflectida para sempre no gran mosaico do museo, a través da pintura, traballos de redeiras, debuxos, collage, punto de cruz, bordados e mesmo fotografías que están presentes nestas pezas e obras artísticas únicas creadas por persoas de entre 7 e 90 anos.
No acto, que tivo lugar este sábado para mostrar e colgar a bandeirola do MACCMO, estivo presente o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, así como representantes do propio museo.
21
