A peña de fútbol Canteras El Pozo de Soandres celebra o seu 40 aniversario

1 minutes read

A Peña de fútbol Canteras El Pozo de Soandres, fundada en 1980, celebra o seu 40 aniversario, será o vindeiro 28 de marzo cando realicen os actos centrais dos festexos para conmemorar unha data, según din «moi importante» para eles. 

Nesa data disputarán o “Trofeo 40 aniversario da Peña Canteras El Pozo”, que consistirá nun encontro a partir das 16:00 horas no Campo Municipal da Laracha ante os Veteranos do Bairro. Con esta peña histórica da localidade portuguesa de Óbidos úneos unha gran amizade e o ano pasado xa disputaron un encontro amigable no país veciño no marco do programa de actos do seu 75 aniversario.

Despois do partido na Laracha realizarán unha cea no baixo da biblioteca municipal (que o Concello poñerá á súa disposición para tal fin), aproveitando a ocasión para entregar os obsequios aos convidados e a todas as persoas e entidades que colaboraron coa Peña Canteras El Pozo ao longo destes 40 anos.