A perda de confianza en Carballido augura un futuro incerto en Ponteceso

O alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido

Unha moción levada ao Pleno para a modificación de partidas para poder facer a paga extraxudicial, tan só tivo dous votos a favor, os ex-compañeiros do Alcalde abstiveronse e o PP votou en contra igual que APIN, ademáis de suxerirlle a Lois García que dimita, antes de que lle fagan unha moción de censura. Acto seguido, Carballido retirou da orde do día a proposta de gasto de 300.000€ para pagos de facturas, ao decatarse que con probabilidade non ía ser aprobada. O grupo de concelleiros ex-socios de partido e de Goberno pídenlle a Carballido “que non lle minta os veciños e veciñas que lle outorgaron a súa confianza ao igual que fixemos nós no seu día, creendo que gobernaría con humildade, transparencia e boa fe, pero encargouse de que perdésemos a confianza ao darnos conta de que o que menos lle importa é o benestar dos veciños…. as vitorias son súas pero cando hai problemas é culpa dos demais”. Este panorama augura un futuro político incerto en Ponteceso, que incluso podería resolverse, máis cedo que tarde, cunha moción de censura.