A peregrina 200.000 é unha madrileña que camiñou desde Tui

Sara Martín chegaba a primeira hora deste sábado, co seu mozo Diego para conseguir a súa Compostela, o diploma que acredita o camiño percorrido. Pouco sospeitaba que sería a peregrina 200.000. No Centro Internacional de Acollida ao Peregrino participou dun pequeno acto de benvida.

Sara Martín, peregrina 200.000: «Viñamos falando no camiño, que nos fascinaba, tanto a paisaxe, coma a cultura, coñecendo as aldeíñas e todo. Entón falamos de que temos que volver facelo e máis longo tamén. Fixemos un curtiño e non tiñamos nin idea e agora repetiremos e probaremos outros sitios e tamén outros camiños».

Fíxoselle a entrega da súa acreditación, un libro, unha medalla e un xantar no emblemático Hostal dos Reis Católicos. A peregrina 200.000 chegou doce días antes que no 2018 todo un logro. Fito tamén para Sara, que xa cumpriu co seu primeiro obxectivo.

Sara Martín, peregrina 200.000: «Foi unha promesa. Eu levo catro anos opositando para a Policía Nacional e entón este ano dixen, por favor, Apóstolo axúdame que prometo facer o Camiño se o consigo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha