A Perruquería Azabache faise co III Certame de Escaparates de Nadal de Laxe

1 minutes read

A Perruquería Azabache recibe este venres o diploma como establecemento comercial máis votado e gañador do III Certame de Escaparates de Nadal de 2023 do Concello de Laxe.

O salón de peiteado foi o máis votado polos veciños e veciñas a través das dúas canles habilitadas: dando ‘me gusta’ ou ‘me encanta’ na publicación correspondente na páxina de Facebook municipal e a través do servizo de mensaxería instantánea NovasLaxe, entre as que sumou 99 votos, 93 na páxina de Facebook e 6 a través de WhatsApp, dos 287 votos emitidos en total.

Estanco Casa López quedou na segunda posición con 77 votos, 76 en Facebook e 1 en WhatsApp; D’Troula na terceira con 61, 60 en Facebook e 1 en WhatsApp; e a Floraría Rebeca na cuarta posición con 50 votos, 47 en Facebook e 3 en WhatsApp.

Desde a Concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, quixeron agradecer a todos os establecementos a súa participación e esmero por compartir con toda a veciñanza o seu espírito de Nadal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?