- O alcalde, Eduardo Parga, asinou un convenio con Susana Lenguas, presidenta de Portos de Galicia, para posibilitar a reanudación desta actividade.
Desde este xoves, 21 de xullo, é posible volver practicar a pesca deportiva en diversos puntos habilitados para este fin no porto de
Malpica. Este regreso da actividade chega tras a sinatura dun convenio entre o rexedor, Eduardo Parga, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas.
Dito acordo implica que o Concello de Malpica asumirá as tarefas de control no tramo horario desde as 21.00 ata as 06.00 horas durante todos os días da semana. Ademais, as persoas que desexen practicar esta actividade no porto deberán estar en posesión dun seguro de responsabilidade civil así como a pertinente licencia de pesca. Para garantir o cumprimento destas medidas, tanto o Concello como Portos efectuarán controis periódicos.
O alcalde móstrase satisfeito por alcanzar un acordo que ‘permitirá que a nosa veciñanza poida exercer esta actividade’ e agarda ‘que se cumpran todas as medidas para evitar tomar decisións drásticas’.