‘Elisa e Marcela’, este sábado no centro sociocomunitario de Caión

Cedida

  • O espectáculo enmárcase dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes da Xunta de Galicia

O centro sociocomunitario de Caión, na Laracha, acollerá este sábado a obra teatral ‘Elisa e Marcela’, da compañía A Panadaría. Será a partir das 21:00 horas e a entrada é gratuíta ata completar aforo.

A función é unha comedia musical baseada na historia real do primeiro matrimonio entre dúas mulleres do que hai constancia en Galicia, e que ademais este 2021 cumpre 120 anos.

Este evento, organizado polo Concello da Laracha e a Xunta de Galicia a través da Rede de Dinamización Lingüística, enmárcase dentro do programa FalaRedes.