39
Unha semana despois de levantar todas as restricións, os británicos teñen un novo problema que xa bautizaron como ‘pingdemia’. Refírese ao son da aplicación móbil que alerta dun contacto cun positivo por covid.
A avalancha de notificacións, que obrigan a gardar corentena, xa está provocando problemas de abastecemento nos supermercados británicos. Varias voces critican o que entenden que é excesiva sensibilidade da aplicación. De momento, o goberno de Boris Johnson xa eximiu os produtores de alimentos de recluírense nas súas casas.