Este sábado pola tarde dispútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, a cuarta xornada da Liga Galega Benxamín na que toman parte @s nen@s nad@s nos anos 2015 e 2016. A competición desenvolverase desde as 16:00 horas coa presenza dos equipos do, CN.Arzúa que compite con 5 nadadores-as, o CN.Liceo que o fai con 17, o CN.Culleredo con 9, o CN.Ordes con 5, o CN.Coruña con 15, o CN.Arteixo con 12, o C. do Mar con 9 e o SC.Casino con 5, @s que hai que sumar a@s participantes da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros. Para esta rolda @s do Fogar aliñarán un equipo composto por 9 nadadoras-es, das cales 8 pertencen á categoría feminina e 1 á masculina, entre os que nadarán 14 probas a título individual. O programa de probas da xornada inclúe os 100 e 200 metros libres, os 150 metros bolboreta-costas-braza, os 100 metros estilos e a remuda mixta dos 4×50 metros estilos.
6