A piscina municipal de Cabana mellora a súa accesibilidade cunha cadeira elevadora

1 minutes read

O Concello de Cabana de Bergantiños aposta pola mellora da accesibilidade ás súas infraestruturas deportivas coa adquisición dunha cadeira elevadora para o seu emprego na piscina municipal.

O dispositivo, valorado en 8.609,15 euros, permitirá que as persoas con diversidade funcional poidan facer emprego desta instalación nas mellores condicións, e grazas a este, a instalación deportiva garante a súa dispoñibilidade para todo tipo de usuarios, ofrecendo as mellores condicións de seguridade e empregabilidade.

Deste xeito, o Concello de Cabana reafirma a súa aposta pola inclusividade sumando unha nova instalación adaptada a persoas con diversidade funcional logo da instalación dos puntos de recarga para vehículos adaptados a comezos deste ano.

Desde o goberno local sinalan que a través desta adquisición búscase “promover a actividade física para todas as persoas, tanto veciñas de Cabana como doutros municipios, ofrecendo un recurso que poida facilitar a práctica de exercicio a todo o mundo nas mellores condicións”.