A plataforma Vía Galega reclama o dereito de autodeterminación

1 minutes read

Centos de persoas participaron en Santiago na manifestación convocada pola plataforma Vía Galega. A marcha, apoiada por case 70 organizacións, reivindica o dereito de autodeterminación e reclama a capacidade de que os galegos poidan decidir. Os participantes entenden que Galicia é unha nación, un pobo con dereitos. A mobilización, que partiu da Alameda de Santiago e rematou na praza da Quintana, contou coa participación da voceira nacional do BNG e outros militantes e dirixentes da organización. Varios voceiros da plataforma Vía Galega interviñeron na Quintana para salientar a necesidade de que Galicia poida gobernarse por si mesma. «Ateigamos a praza da Quintana nunha mobilización exemplar. Desde Vía Galega continuamos loitando polos dereitos sociais e nacionais da Galiza. Somos unha nación e temos dereitos», matizaron.