A poboación da píllara das dunas evoluciona moi favorablemente en Galicia

A Xunta puxo en valor a boa evolución da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) tras contabilizar 104 novos exemplares este ano, 38 máis que en 2021, segundo se informou nunha reunión do Observatorio Galego da Bioversidade.

Durante o encontro, no que participou por videoconferencia a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, analizouse o resultado do seguimento realizado durante a tempada 2022, no que se observaron un total de 80 parellas. A maiores, no que atinxe á protección dos niños, actuouse nun total de 90 niños -o 85% dos detectados- distribuídos en 19 praias. En 87 fixéronse parcelas de exclusión e en 3 colocouse un perímetro de protección.

Ademais da protección dos niños, continuouse coas labores de conservación ex situ a través da incubación no Centro de Recuperación da Fauna de Oleiros (A Coruña), unha actuación que deu como resultado 40 novos exemplares de píllara das dunas, que considerada como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas e que conta co seu propio plan de conservación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha