A Pobra do Caramiñal e O Grove pasan este venres ao nivel máximo de restricións

1 minutes read

Os concellos da Pobra do Caramiñal e do Grove estarán en restricións máximas desde a medianoite do próximo xoves ao venres, cando quedarán pechados perimetralmente e coa hostalaría só con servizo a domicilio.

Ademais, o comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo coronavirus acordou tamén establecer o nivel alto de restricións en seis concellos, nos cales o interior da hostalaría deberá pechar e só se poderán usar as terrazas cunha ocupación do 50%. Son A Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral.

Así mesmo, quedarán no nivel medio Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona. O nivel medio permite un 30% de ocupación no interior e un 50% no exterior. No resto dos municipios galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo.