37
Axentes da Policía Autonómica de Vigo, en colaboración coa Policía Nacional, comisaron 38 quilos de percebe nun dispositivo na cidade de Vigo. Os axentes da Policía Autonómica, a requirimento da Policía Nacional, inspeccionaron un vehículo no que o propietario transportaba tres caixas de percebes.
A Policía Autonómica identificou ao condutor e levantou unha acta de presunta infracción da Lei de Pesca de Galicia debido a que o propietario non aportou etiqueta de trazabilidade, nin factura do produto que acreditase a procedencia do marisco.
Tamén se procedeu ao comiso da mercadoría, que ascende a 38 quilos de percebe, os cales foron repartidos entre centros benéficos do Concello de Vigo.
