A Policía Autonómica en colaboración coa UIFO esclarece un incendio en Mazaricos

1 minutes read

Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) esclareceron un incendio forestal no concello de Mazaricos.

O suceso aconteceu o pasado 19 de marzo no lugar de Paxareiras, no que se calcinaron 1,49 hectáreas de monte arborado. A investigación do lume realizouse de forma coordinada e conxunta entre os axentes da Policía Autonómica e a UIFO, o cal fixo a inspección técnica.

O lume iniciouse nunha queima nunha das fincas afectadas, procedendo a Policía Autonómica á localización e toma de declaración dunha muller responsable da queima de restos forestais, quen manifestou que o lume se lle descontrolou, provocando que as lapas se propagasen polo monte.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Muros.