A Policía Autonómica esclarece dous incendios nos concellos de Ourense e Cenlle

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica da sede de Ourense, resolveron, por unha parte, a autoría dun lume na parroquia de Seixalbo do concello de Ourense que afectou a 0,35 hectáreas de superficie rasa. Tamén esclareceron outro lume no lugar de Xubín da parroquia de Razamonde no municipio de Cenlle que afectou 0,01 hectáreas de monte arborado. Ambos lumes tiveron unha orixe común e producíronse ao saltar chispas dos discos metálicos de maquinaria empregada polas 2 persoas investigadas para traballos de roza. Na súa extinción participaron 2 axentes, 5 brigadas e 3 motobombas. As dilixencias foron remitidas aos Xulgado de Instrución de Garda de Ourense e Ribadavia, respectivamente.  

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha