A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal producido en Ourense

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense veñen de esclarecer o incendio forestal rexistrado o 5 de setembro no concello de Ourense. O lume produciuse na parroquia de Palmés e afectou 1,45 hectáreas de superficie arborada.

O incendio produciuse ao caer unha árbore sobre un tendido de liña eléctrica. Como resultado das pescudas, tomóuselle declaración en calidade de investigada á persoa que estaba realizando a tala.

Nos labores de extinción participaron un axente, cinco brigadas, tres motobombas, catro avionetas e dous helicópteros. A Policía Autonómica remitiulle as dilixencias polos feitos ao Xulgado de Instrución de Garda de Ourense.

No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas 45 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha