A Policía Autonómica tramitou 62 denuncias na fin de semana relacionadas coa Covid

Policía Autonómica Galicia

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo a pasada fin de semana un total de 106 dispositivos en 37 concellos galegos nos que foron tramitadas 62 denuncias. Os controis realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19, e saldáronse con 485 persoas identificadas.

Entre o 5 e o 7 de febreiro, os axentes realizaron na provincia da Coruña 24 dispositivos nos concellos de Ames, A Coruña, O Pino, Rianxo, Teo e Santiago de Compostela, cun total de 8 denuncias e 66 identificacións.

Na provincia de Lugo tramitáronse 9 denuncias e identificáronse 14 persoas en 12 dispositivos levados a cabo nos concellos de Abadín, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei e Quiroga.

En canto aos controis levados a cabo pola Policía Autonómica na provincia de Ourense, realizáronse 34 dispositivos que deron como resultado un total de 308 identificacións e 20 denuncias en Allariz, Amoeiro, O Carballiño, Celanova, Coles, Cualedro, Ourense, Trasmiras, Verín e Xinzo de Limia.

E na provincia de Pontevedra, nos 36 dispositivos realizados en Baiona, Campo Lameiro, Cangas, Cotobade, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ribadumia, Sanxenxo e Vigo rexistráronse 25 denuncias e identificouse a 97 persoas. 

Durante os operativos, os axentes  controlaron que nos establecementos abertos ao público se estaban a cumprir as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, o aforo e horario de peche dos locais e a prevención do botellón.

Estes dispositivos enmarcase no seo da colaboración entre as forzas e corpos de seguridade, cada unha no marco das súas competencias.