42
As forzas de seguridade do Estado farán uns dez mil controis en toda España para evitar desprazamentos inxustificados durante a fin de semana. Uns controis que xa se iniciaron nalgunhas cidades galegas na tarde do venres. Estarán especialmente nas saídas das grandes cidades pero tamén se estenderán as vilas pequenas, e mesmo as zonas rurais. As forzas de seguridade lembran que estamos en estado de alarma e que quebrantalo pode conlevar sancións económicas que van entre os cen e os trinta mil euros.