A Policía Local da Laracha denunciará a varios menores por facer botellón

A Policía Local da Laracha levou a cabo unha actuación na área recreativa de Gabenlle tras recibir a chamada telefónica dun particular poñendo en coñecemento que un grupo de rapaces realizaban un botellón.

Tras comprobar que estaban a incumprir a normativa vixente en materia de consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, os efectivos do corpo de seguridade municipal procederon á identificación de sete persoas, que resultaron ser menores de idade, e a realizar a correspondente acta de denuncia.

O Concello da Laracha solicita a colaboración cidadá e apela á responsabilidade persoal para preservar os espazos públicos como lugares de convivencia e civismo, máis aínda nunha época como a actual na que é preciso extremar as medidas de seguridade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha