A Policía Local da Laracha detén un condutor positivo de 0,91 en alcol

1 minutes read

A Policía Local da Laracha observou como un vehículo realizaba unha condución anómala, polo que os axentes procederon a darlle o alto e a realizarlle a correspondente proba de alcoholemia ao condutor do turismo, arroxando unha taxa positiva de 0,91 mg/l en aire expirado, polo que se instruíron dilixencias xudiciais por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Outras actuacións

Tamén foi interceptado outro condutor ao que tamén se lle realizou a proba de alcoholemia despois de que os axentes observaran un comportamento estraño na condución, arroxando este unha taxa positiva de 0,39 mg/l en aire expirado, polo que foi sancionado administrativamente.

Por outra parte, están a reforzar a vixilancia do cumprimento das medidas de restricións da Covid-19, referidas á utilización de máscara e á prohibición de fumar en vía pública sen poder gardar a distancia de seguridade, formulando varias denuncias administrativas.