A Policía Local da Laracha interceptou unha condutora que triplicou a taxa de alcoholemia

Imaxe de arquivo de axentes da Policía Local.

A Policía Local da Laracha, no exercicio das súas funcións, instruíu dilixencias por delito contra a seguridade viaria a unha condutora que triplicou a taxa de alcoholemia. Os feitos producíronse cando efectivos do corpo de seguridade municipal interceptaron ao vehículo no casco urbano da Laracha (Avenida Fisterra). A proba efectuada deu como resultado unha taxa de 0,80 miligramos por litro de aire expirado cando o máximo permitido é de 0,25.