A Policía Local da Laracha súmase á campaña de vixilancia do uso do cinto

Cedida.

Durante a próxima semana, do luns 9 ao domingo 15 de marzo, a Policía Local da Laracha intensificará a vixilancia dos sistemas de retención nos vehículos tanto nas vías dos tres núcleos urbanos como nas das parroquias en todo o termo municipal.

Farase sumándose á campaña especial sobre cinto de seguridade e sistemas de retención infantil impulsada desde a Dirección General de Tráfico (DGT) e tamén á organizada pola policía europea de Seguridade Viaria (TISPOL) que pretende incidir na importancia do emprego destes sistemas de seguridade.

O obxectivo fundamental é que todos os ocupantes dos vehículos –sexan adultos ou menores e viaxen nos asentos dianteiros ou traseiros- fagan uso do cinto de seguridade ou dun sistema de retención infantil axeitado con independencia da estrada pola que viaxen.

A Policía Local pretende inculcar na cidadanía a enorme eficacia ante posibles accidentes que teñen ditos sistemas de retención en todas as persoas e lembrar que o seu uso é obrigatorio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha