A Policía Local da Laracha tramitou 37 denuncias nunha semana por non cumprir as medidas sanitarias

1 minutes read

A Policía Local da Laracha intensificou o seu labor de control das medidas sanitarias vixentes, especialmente durante o sábado e o domingo, e tramitou na pasada semana un total de trinta e sete denuncias. Os principais incumprimentos detectados consistiron en saltarse o peche perimetral, atoparse en espazos públicos sen empregar a máscara, fumar na vía pública sen respectar a distancia de seguridade e as xuntanzas de persoas non convivintes.

Ademais, en canto ao labor de control da circulación na rede viaria, os axentes do corpo de seguridade municipal interceptaron dous condutores que deron positivo por consumo de drogas e outros dous que superaron a taxa de alcohol permitida na proba de aire expirado. Nos catro casos, a Policía Local iniciou os preceptivos expedientes sancionadores.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?