A policía local de Arteixo impón sete sancións por incumprir o Estado de Alarma

A policía local de Arteixo impuxo, dende que comezara o estado de alarma que limita os movementos dos cidadáns, sete sancións por incumprimento do mesmo.

Foron seis particulares e un establecemento de hostaleiría ao que se lle impuxo unha multa de 3.001 euros. A máis leve elevouse ata os 601 euros. 

O Concello lembra que non está permitida a mobilidade salvo para adquirir alimentos, productos farmacéuticos e de primeira necesidade; acodir aos centros sanitarios; ir ao lugar de traballo; pasear mascotas nas proximidades da residencia e por pouco tempo; regresar ao lugar de residencia habitual;asistir a menores e persoas maiores, con discapacidade, dependentes, ou vulnerables; e acodir ás entidades financeiras.

Os movementos deben ser sempre individuais

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha