A Policía Local de Carballo adquire novos vehículos de renting con desfibriladores

1 minutes read
  • Os axentes recibirán un curso de formación teórica e práctica sobre o uso dos equipos sanitarios

A empresa Grupivazgle entregou este venres ao alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, e o xefe da Policía Local, Roberto Mosquera, dous novos vehículos Seat Ateca que, ademais do equipamento habitual co que contan os vehículos destinados a forzas e corpos de seguridade, inclúen desfibriladores, cámaras de gravación dianteira e traseira en tarxeta SD e, nun dos coches, un kit de transporte de detidos que consta de pantalla de protección.

O Concello optou por un sistema de renting por catro anos, polos que abonará un total de 103.382,40 euros.

A dotación dos vehículos complementarase cun curso teórico-práctico sobre os fundamentos da reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores para todos os axentes. A acción formativa xa estaba prevista para o mes de marzo, pero a crise sanitaria provocada polo coronavirus obrigou a suspendela.