A Policía Local de Carballo detén a un delincuente reincidente nun coche roubado

Policía local Carballo

A detención tivo lugar este martes ás 4 da tarde na avenida de Razo. O individuo circulaba nun vehículo Ford Escort que figuraba como substraído este luns 19 na rúa Perú de Carballo. O presunto autor dos feitos responde as iniciais de E.A.V, é natural de Barcelona, aínda que reside actualmente en Carballo. Cónstanlle catro detencións nas últimas semanas e está a ser investigado pola súa presunta vinculación con varios supostos delitos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha