A Policía Local de Carballo dispón dun novo vehículo

Na mañá deste martes responsables do concesionario Toyota, Grupo Beográn, con sede no Polígono de Bértoa facían entrega dun novo vehículo policial ao concello de Carballo.

Trátase dun Toyota modelo RAV-4 200 H, híbrido e automático, altamente equipado para prestacións de servícios policiais.

Na recepción e entrega estiveron presentes por parte da empresa automobilística o xefe de vendas e o xefe comercial do Grupo Breogan e por parte do concello varios axentes, o Xefe da Policía Local Roberto Mosquera, a Concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Contratación e Seguridade Cidadá, Milagres Lantes e o Alcalde de Carballo Evencio Ferrero.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha