- Os novos vehículos do corpo policial están equipados co material necesario para responder con rapidez ante unha emerxencia cardiaca
Axentes da Policía Local de Carballo participaron esta fin de semana nun curso teórico-práctico de catro horas de duración sobre os fundamentos da reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores. Esta acción formativa, impartida por un experto na materia, está ligada ao equipamento dos novos vehículos policiais equipados, entre outros extras, con desfibriladores. «Deste xeito poderán responder coa máxima rapidez ante unha emerxencia cardiaca», destacan desde o Goberno local.
O Concello de Carballo tamén dispón de desfibriladores semiautomáticos (DESA) nas praias e en instalacións nas que se congrega moito público, como é o caso dos complexos deportivos Carballo Calero e Vila de Noia ou dos campos de fútbol municipais, así coma do Pazo da Cultura.