Unha vez superado con éxito o seu período de prácticas, este mércores tomaron posesión dous novos axentes da Policía Local de Carballo, seleccionados a través do convenio asinado polo Concello coa Academia Galega de Seguridade. O acto oficial tivo lugar na Alcaldía, onde o alcalde, Evencio Ferrero, asinou os contratos cos novos axentes, Xosé Aarón Méndez e Gonzalo Iglesias, aos que lles desexou una longa carreira profesional no concello.
Con estas incorporacións, o equipo de profesionais da Policía Local queda formado por 23 axentes e 4 oficiais, ademais dos auxiliares que prestan servizo ao longo de todo o ano.
O concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, que tamén asistiu á toma de posesión, apuntou que o incremento do persoal permitirá reforzar a presenza dos axentes nas rúas e, en consecuencia, mellorar o servizo á cidadanía.