41
Kelly Villar Castro incorpórase como funcionaria en prácticas tras o proceso selectivo correspondente á convocatoria dunha praza polo sistema de oposición libre. Antes de tomar posesión como funcionaria de carreira deberá superar o preceptivo curso de formación na Academia Galega de Seguridade e un período de prácticas que realizará no propio concello. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, deron a benvida á nova axente en prácticas e desexáronlle unha longa carreira profesional en Carballo. Con esta incorporación, o equipo de profesionais da Policía Local queda formado por 24 axentes e 4 oficiais, ademais dos auxiliares que prestan servizo ao longo do ano.