A Policía Local de Carballo reorganízase fronte ao coronavirus

1 minutes read
  • As medidas entraron en vigor esta fin de semana e teñen como finalidade preservar a saúde dos/as axentes e garantir o servizo á cidadanía.

A reorganización inclúe a redución das quendas diarias, que pasan de tres a dúas pero que incrementan o seu horario para manter o servizo durante as 24 horas. A partir de agora haberá quenda de día e quenda de noite. Ademais, naqueles grupos operativos nos que sexa posible, un dos axentes permanecerá de retén no seu domicilio, de xeito que, na hipótese de que se producise algún contaxio e o equipo de traballo tivese que estar en corentena, sempre quedarían axentes dispoñibles para manter o servizo en funcionamento.

Entre as medidas adoptadas tamén figura o establecemento dun protocolo de entrada e saída das dependencias policiais para evitar que os/as axentes coincidan nos cambios de quenda. Nas instalacións extrémanse as medidas de hixiene, con desinfeccións en días alternos. Ademais, cada grupo operativo utilizará sempre o mesmo vehículo durante o ciclo de traballo, e unha vez rematado procederase á súa desinfección por parte dunha empresa especializada.