A Policía Local de Muxía e o CIM xa contan cun novo espazo na Casa do Concello

0 minutes read
  • O rexedor, Iago Toba, sinalou que esta intervención era unha «demanda histórica dos propios traballadores»

O Concello de Muxía finalizou as obras de acondicionamento do baixo do edificio consistorial para acoller os servizos da Policía Local e do Centro de Información á Muller (CIM). “Esta intervención responde a unha demanda histórica dos propios traballadores”, destaca o rexedor, Iago Toba.

Un dos principais obxectivos que se acadará con esta intervención é a optimización da accesibilidade das persoas usuarias e traballadores.