A Policía Local de Muxía poderá facer un seguimento integral dos casos de violencia de xénero

1 minutes read
  • Desde o Goberno local consideran fundamental dispoñer dun rexistro coa información necesaria para realizar un seguimento individualizado das vítimas

A Policía Local de Muxía incorpórase ao sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero grazas ao convenio subscrito, o pasado 30 de setembro de 2020, entre o Ministerio de Interior e o Goberno local. O obxectivo é establecer unha forma de colaboración entre a Secretaría de Estado de Seguridade e o Concello para así adecuar os mecanismos técnicos informáticos necesarios que faciliten aos axentes actuar en materia de violencia de xénero.

“Somos conscientes da gravidade e da persistencia das infraccións penais cometidas no ámbito familiar e, máis concretamente, no da violencia de xénero, por iso consideramos necesario profundizar nas medidas de protección ás víctimas”, engaden desde o goberno local.

Pola súa parte, o alcalde da localidade, Iago Toba, destacou que “neste contexto resulta fundamental dispoñer dun rexistro coa información que permita realizar un seguimento individualizado das víctimas e da evolución do risco no que se atopen”.