A Policía Nacional investiga a morte dunha muller que lle caeu unha neveira encima en Santiago

Foi un familiar quen alertou a través da súa chamada ao 112 Galicia uns minutos antes das sete da tarde deste sábado. Solicitou asistencia médica urxente para súa irmá, que tiña unha perna atrapada baixo a neveira. Tamén advertiu que non respondía a estímulos, polo que, axiña os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia trasladaron a información a Urxencias Sanitarias de Galicia-061. 

Pouco despois, confirmaron o falecemento da muller e insistiron na necesidade de contar cos axentes da Policía Nacional e Local con fin de coñecer as circunstancias do suceso.

Igualmente, cómpre cumprir todos os procedementos legais para chegar a saber as causas exactas da morte, que se produciu nun domicilio da Rua Ramón Cabanillas, en Santiago.

Related posts

A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2026, que incrementa ata os 8 M€ o apoio aos servizos sociais municipais

O BNG de Santa Comba pide información sobre a cesión dunha finca municipal para instalar unha antena en San Pedro de Cícere

O Plan Único da Deputación da Coruña financiou 887 obras nos concellos de Ferrolterra, Eume e Ortegal