A Policía Xudicial de Carballo investiga un posible crime na contorna familiar en Cabana de Bergantiños

0 minutes read

Os feitos ocorreron na mañá deste mércores, parece ser durante unha disputa entre familiares, na parroquia cabanesa de Corcoesto.

A Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo investiga os pormenores do sucedido para tratar de determinar as correspondentes responsabilidades das posibles persoas participantes na liorta, todas elas parentescas entre si, e de idade avanzada.

Ao lugar dos feitos, tras coñecerse a noticia, acudiron a Policía Local de Cabana, servizos sanitarios e a Garda Civil, pero xa nada puideron facer por salvarlle a vida a un dos posibles participantes na liorta.